Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Critican a rehabilitación dunhas escaleiras de pedras no casco de Laxe

escaleiras rehabilitadas en Laxe
Así queda a singular rehabilitación das escaleiras da porta da Casa do Arco
Critican a rehabilitación dunhas escaleiras de pedras no casco de Laxe

O Círculo de Podemos Laxe manda esta nota de prensa por motivo das obras de canalización novas que se están a efectuar no casco histórico da vila.

"Queremos poñer o acento na falta de criterio estético no material empregado, xa que o lousado que se está a instalar choca de maneira lamentable cos materiais tradicionais de construcción da nosa arquitectura tradicional, máxime no entorno de lugares tan simbólicos para o noso concello, como é a Casa do Arco, edificio catalogado por Patrimonio como Vivenda Singular".

O Círculo de Podemos Laxe redactará un escrito ás autoridades responsables de Patrimonio para informar dos feitos.

Comentarios