Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Laxe informa das axudas ás novas familias

tarxeta_benvida
O Concello de Laxe informa das axudas ás novas familias

O Concello de Laxe informa das achegas de pago único para fillos menores de tres anos e da Tarxeta Benvida a través da Concellería Delegada de Servizos Sociais, Emprego e Igualdade, dirixida, Sandra Mouzo Pose.

As axudas por pago único para fillos menores de tres anos poderanse solicitar ata o 9 de marzo e os beneficiarios son as familias con fillos ou fillas menores de 3 anos (nacidos entre o día 1/1/2017 e o 31/12/2017). Os nenos nacidos nos anos 2018 e 2019 non poden acceder a esta axuda dado que, se reúnen os requisitos, teñen dereito a ampliación da tarxeta benvida que substitúe a esta axuda.

Así mesmo, a Xunta de Galicia convocou as axudas económicas, a través da tarxeta benvida para as familias que no ano 2.020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declarados en situación de garda con fins adoptivos e aqueloutras que, tendo axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019 experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar.

Entre os requisitos xerais están, residir na CC.AA. de Galicia, e que a renda da unidade familiar da última declaración do IRPF non supere os 45.000€ ou que a renda per cápita non supere os 13.500€

Aquelas familias interesadas nestas axudas poden contactar coa Traballadora Social do Concello de Laxe para tramitar a prestación ou ampliar información. 

Comentarios