Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Critican que só o 4% dos investimentos do Concello de Laxe cos cartos do POS nos últimos 3 anos son sociais

Obras nunha igrexa de Laxe
Critican que só o 4% dos investimentos do Concello de Laxe cos cartos do POS nos últimos 3 anos son sociais

Fixo balance o grupo de Unidas Podemos dos investimentos sociais do grupo goberno do PP do Concello de Laxe, neste período 2020-2023, dos investimentos do Plan Único de Concellos da Deputación. E dos aproximadamente 800.000 euros, "só se invertíron 30.764,38 euros (aprox. 4%) en obras destinadas a servizos sociais", aseguran, "concretamente para a reparación da cuberta do patio do Punto de Atención á Infancia. Aproximadamente un 12 % da inversión total destinouse a inversións en melloras de accesos e explanadas de aparcamentos en Igrexas Parroquiais".

"Si se analizan os investimentos do ano 2023, a inversión en obras destinadas a servizos sociais é de 0 euros, levando un 26% do investimento deste ano as obras destinadas a mellorar accesos e explanadas de aparcamentos das Igrexas", explican.

"Desde Unidas Podemos Laxe, denunciamos a falta de investimentos destinados a Servizos Sociais no Concello de Laxe durante a lexislatura do goberno do PP e denunciamos tamén a aposta deste grupo de goberno para invertir os impostos de todos e todas nós en facilitar á asistencia a misas e procesións relixiosas". "A partir de agora toca rezar", bromean, "para que Laxe teña servizos públicos de atención á infancia; de atención a Personas maiores e unha Unidades de tratamento de condutas adictivas".

Comentarios