Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Deputación repasa en Laxe os investimentos do Plan Único

Corporacion de Laxe coa deputada Cristina Garcia
A Deputación repasa en Laxe os investimentos do Plan Único

Laxe acolleu hoxe a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que se reuniu co alcalde, Francisco Charlín Oróns, e parte da corporación municipal, para abordar os investimentos do Plan Único no municipio. Ademais, aproveitou para visitar unha das obras financiadas cos fondos da Deputación: a da Igrexa de Soesto.

Visita Obras Deputacion Laxe

O Plan Único inviste neste 2024 en Laxe un total de 533.380,08 €, unha cantidade que inclúe os 281.978,63 € da fase inicial e os 251.401,45 € adicionais. Con este importe adicional, o concello de Laxe poderá abordar novas obras que se suman ás xa finalizadas, como a da Igrexa de Soesto que está ahora mesmo en execución e que visitaron esta mañá a deputada e o equipo de goberno municipal.

Con estes investimentos adicionais, a Deputación destinará a toda a Comarca de Bergantiños (Carballo, A Laracha, Malpica, Coristanco, Laxe, Ponteceso e Cabana) un importe de 8.917.364,27 €, sumando os 4.527.102,32 € iniciais e os 4.390.261,94 € adicionais. 

 

Comentarios