Martes. 16.04.2024
El tiempo

Denuncian a dobre vara de medir do goberno do PP na Xunta con Laxe

Ethel Vazquez Laxe
Imaxe da visita de Ethel Vázquez esta semana a Laxe
Denuncian a dobre vara de medir do goberno do PP na Xunta con Laxe

Onte a Xunta anunciaba a aprobación do proxecto da senda entre Soesto e Serantes. Unha boa nova, sen dúbida, para Laxe, pois se trata dunha demanda histórica da vila, para facilitar o traxecto ata a praia de moit@s veciñ@s.

En calquera caso, dende o BNG sinalan que se trata dun perfecto exemplo da “doble vara de medir da Xunta para con Laxe”, lembrando que “hai xustamente hoxe 6 anos, o anterior alcalde socialista, o recentemente falecido José Manuel Mouzo Castiñeira, xunto co aparellador municipal Antonio Corrochano, xa solicitaron en Santiago as beirarrúas en Soesto e Serantes que foron denegadas”.

Recorda o voceiro do BNG Xosé Manuel Pose Lema que en 2015 mesmo asistiu, mesmo xunto ao entón edil da oposición e agora alcalde popular, José Luís Pérez Añón, a unha reunión con Francisco Menéndez, director da AGAI, na que volveu negar a posibilidade de construilas.

Agora, co alcalde popular no concello de Laxe, a Xunta cambia de criterio e si outorga o investimento. “Así actúa o PP, fíxoo sempre e seguirá a facelo, aos meus sí, aos outros NON”, denuncia Pose Lema.

Novas relacionadas

Comentarios