Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Este domingo Aantena representa o roteiro histórico do derradeiro rei do Reino de Galicia en Soesto e Lendo

Ruta Reino Galicia Rei Afonso
Este domingo Aantena representa o roteiro histórico do derradeiro rei do Reino de Galicia en Soesto e Lendo

Este domingo 17 de marzo desenvólvese unha ruta histórica tremendamente singular entre Laxe e A Laracha. O grupo artístico Aantena dirixe un roteiro histórico polos pasos da ruta que realizou rei Afonso VIII de Galicia no verán de 1223.

No marco de restacar os acontecementos e feitos históricos dentro do Reino de Galicia, Aantena co apoio da Deputación, recupera a historia derradeiro rei do Reino de Galicia, o rei Afonso VIII de Galicia, aínda que coñecido como Afonso IX de León. Este deixara asinado documentos e doazóns a mosteiros, e realizou en varias etapas o camiño entre Santiago e A Coruña.

Aantena, a través das artes escénicas para facer este percorrido pola nosa comarca. En 2018 xa realizaron a etapa que chega Cereixo , nela recollemos o encontro do rei co Conde Traba arcebispo de Santiago e o Bispo de Mondoñedo e a disputa destes relixiosos polo territorio da ría de Camariñas en mans de Mondoñedo.
Nesta edición, completan as etapas de Soesto en Laxe e Lendo en A Laracha.

Así, este domingo representarán ás 11:00h no Lavadoiro do Pazo de Serantes, a entrada a cabalo do rei, e o encontro coas lavandeiras, transmitindo as lavandeiras como muller na época e a súa visión mitolóxica na cultura popular.

A comitiva desprazarase ás 13:00h á Igrexa de Lendo, na Laracha. A través do cantar de cegos narrara os acontecementos da súa vida e a súa infancia de Afonso VII (Afonso V de Galicia) a súa estadía no mosteiro de Moraime (Urraca – Conde de Traba) e a Alianza e coroamento de Afonso VII (Conde de Traba – Xelmírez).

Baixo a dirección de Xosé Leis e a dramaturxia de Bernardino Martínez, os artistas son Manu Fernandez (como Rei Afonso), Iago Espasandín (como o Escribán), Yaqui Fateira, Virginia Bermúdez, Andrea Rodriguez (como Lavandeiras), Isabel de Toro e Tamara Mouzo (como Labradoras) e Lupe Blanco (Cantar de Cego).

Máis novas

 

Comentarios