Esixen a reapertura do PAI de Laxe
Segue pechado o Punto de Atención a Infancia de Laxe. Unha infraestrutura sanitaria para as familias de Laxe conseguida en 2019, pero que foi esmorecendo pola falta de atención municipal e autonómica.
De aí, que o grupo de Unidas Podemos Laxe esixa a súa reapertura e pide á Deputación Provinvial de A Coruña e á Consellería de Política Social e Igualdade un informe de comprobación da aplicación dos fondos invertidos no PAI.
O grupo instou ao goberno municipal do PP a que realizase os trámites, as actuacións e as contratacións necesarias para que o Punto de Atención Infantil de Laxe (PAI) inicie a súa actividade o próximo curso 2024-2025.
"Ante a negativa absoluta do grupo de goberno do PP e a súa nula vontade política de por en marcha este servizo e ante o risco de que o noso diñeiro público invertido no PAI sexan cartos tirados, Unidas Podemos Laxe, solicítalle á Deputación Provincial de A Coruña e á Consellería de Política Social e Igualdade un informe de comprobación da aplicación dos fondos
invertidos no PAI de Laxe, da consecusión da finalidade prevista e, de ser o caso, da comprobación dos resultados obtidos, xa que despois de 9 anos desde que se aprobou a súa creación e logo de que estas administracións invertiran nel un total
105.775.04 euros, o PAI segue sen funcionar", lamentan dende o grupo.
Máis novas