Esta fin de semana o BNG de Laxe ponse de longo
08:40 17/12/10
Ademais da música, e da reflexión esta fin de semana haberá tempo para a política en Laxe.
Este sábado 18 de decembro, ás 10.30 horas da mañá, no local comarcal do BNG (r/ Hórreo, 14-16, 3º esq., de Carballo), o responsable comarcal de organización do BNG, Xosé Regueira, comparecerá en rolda de prensa xunto aos compañeiros e compañeiras que integrarán o primeiro tramo da candidatura do BNG de Laxe para as vindeiras eleccións municipais.
O acto de presentación servirá para presentar publicamente as novas caras do BNG laxense así como o novo número do seu boletín local "Cambia o conto", no que dan conta destas e outras cuestións.
Novas relacionadas
- Jorge Mira achega o seu coñecemento a Laxe.
- Volven os concertos á Ventana de Laxe.
- Ambrosio Oróns presentouse como novo candidato do PP de Laxe.
Fonte
- Nota de prensa da man de Vítor Recarei Añón, Responsábel comarcal do BNG de Bergantiños.