![mostra outono teatro laxe]()
Este domingo arranca en Laxe a
X Mostra de Outono de Teatro organizada polo concello. En total, serán cinco asobras de teatro dirixidas a todos os públicos as que pasarán polo salón de actos - sempre ás 19 horas -.
Esta mostra naceu hai dez anos coa finalidade de achegar e promover o teatro de carácter afeccionado e así continúa sendo en esencia, xa que a maior parte das actuacións están protagonizadas por grupos teatrais de carácter afeccionado. A escola de teatro de Santa Comba, Metátese Teatro de Palas de Reis, A.P.E.M. de Carballo e a escola de teatro de Laxe serán as compañías que protagonicen esta décima edición da mostra de teatro. Nembargantes a estrea chegará da man dun grupo de teatro profesional - Culturactiva - composto por Isabel Risco e Fran Rei qu intepretarán a
obra "Retrincos de Castelao".
A X Mostra de Outono de Teatro está organizada polo departamento de Cultura do concello de Laxe e a asociación municipal de teatro Folerpas coa colaboración da Deputación da Coruña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Laxe