Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Laxe abre o VII certame de poesía Antón Zapata

Laxe abre o VII certame de poesía Antón Zapata
VII Certame de Poesia de Laxe Anton Zapata

Coincidindo cos Actos do 50 aniversario do pasamento de López Abente, e mentres segue en marcha o certame de poesía erótica Illas Sisargas, a Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, anuncia que este luns 15 de xullo, abrirase o prazo para presentar os poemas aspirantes ao VII Certame da Poesía Antón Zapata García . Un certame que por sétimo ano consecutivo, celebran en Laxe para promover a figura do poeta Antón Zapata García, orixinario destas terras.

O Certame está aberto a todos os veciños e veciñas do lugar, así coma a todas ás persoas que, alleas ao Concello de Laxe, que desexen participar, podéndose inscribir nas seguintes categorías: Infantil (ata 11 anos), Xuvenil (dos 12 aos 25), e Adultos (a partir dos 25 anos).

Os premios, consistirán nun lote de libros e diploma acreditativo para o gañador/a de cada unha das categorías establecidas expedido polo Concelleiro de Cultura: José Manuel Mouzo Castiñeira.
O prazo de presentación de poemas permanecerá aberto ata o luns 19 de agosto do presente ano ás 11:00 horas.

O resultado do xurado darase a coñecer o sábado 24 de agosto no coñecido coma Solpor Poético e que terá lugar ás 20:30 horas na Praia dos Cristais, sempre que o tempo o permita. Do contrario, celebraríase no Patio Cuberto situado ao carón da Praza dos Voluntarios.. Neste acto faráse entrega dos premios aos gañadores e contaremos coa compañía Dúo Rosas que, conxugando música e poesía, amenizarannos a velada co seu espectáculo “Música para a nostalxia”.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios