Xoves. 09.12.2021
El tiempo

Laxe acolle a cita teatral das Letras Galegas, adiada polo pasamento do ex alcalde

Cartel cantares das letras 2021 29 maio
Laxe acolle a cita teatral das Letras Galegas, adiada polo pasamento do ex alcalde

O sábado 29 de maio, no Salón de Actos Culturais municipal, ás 19.00 horas celebran as Letras Galegas deste ano 2021 co seu espectáculo "Cantares das Letras". O espectáculo retrasouse debido declaración de loito oficial polo pasamento do exalcalde José Manuel Mouzo Castiñeira.

Contando co artista Luis Vallecillo, "Papabuis", non só homenaxearemos a Xela Arias, autora das Letras Galegas 2021, senón que tamén o faremos con outras autoras e autores protagonistas do Día das Letras Galegas ó longo da súa historia de celebración, achegándonos mesmo a orixe e razón de ser da celebración e conmemoración desta data no noso calendario.

Esta actuación é a primeira das actuacións culturais programadas no Concello de Laxe a través do programa de subvencións da Rede Cultural da Deputación da Coruña deste 2021.

comentarios