![hostaleria]()
O curso desenvólverase entre o 26 de setembro e o 1 de novembro
O concello de Laxe - en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña - vén de poñer en marcha o
programa de formación específica en "Persoal para locais de hostalaría".
Este programa forma parte do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo e integrado na Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O programa PICE está destinado a formar, cualificar e insertar a mozos e mozas (entre 16 e 29 anos) inscritos no ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil.
O curso de formación que se desenvolverá en Laxe entre o 26 de setembro e o 1 de novembro (de 09:30 a 14:30 horas) consta de dous módulos; un de empregabilidade para a procura de emprego, de 65 horas de duración, e outro de persoal para locias de hostalaría, de 120 horas. Este curso de formación da acceso á obtención dun diploma acreditativo ademais do carné de manipulador de alimentos e o diploma de operacións de Caixa na Venda (T.P.V).
Inscricións
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 21 de setembro de 2017 no Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Laxe e Zas ou chamando os teléfonos 981 706 908 – 610959943.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Laxe