Laxe acolleu unha singular e divertida xornada da Liga de Billarda

Fermoso domingo o vivido no Pavillón polideportivo de Laxe coa celebración da 8ª xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste). 40 “palanadores” déronse cita nesta singular liga que ten a súa orixe na Mariña para recuperar un dos xogos tradicionais máis singulares do noso país.
Foi unha xornada distendida, cunha gran cantidade de “varados” e moita deportividade.
O campión en categoría masculina foi Juan Carlos Cancela (do Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Xan Rodiño (do Lúa de Forza-Sanxenxo) e Xose Collazo (Campo da Feira-Paiosaco).
Podio masculino co alcalde de Laxe José Luís Pérez Añón e a Concelleira Raquel Lema
En categoría feminina a campiona foi Lu (do Lúa de Forza-Sanxenxo), por diante de Irene (Cochiqueiros-Cerceda) e de Sonia (Cochiqueiros-Cerceda).
Podio feminino
Tamén había cateoría infantil, sendo o campión Abel (Campo da Feira-Paiosaco), e Subcampión foi Ramón G. (Filloas de Sangue-A Coruña).
Así o Campo da Feira de Paiosaco, foi o mellor equipo por diante do Filloas de Sangue (A Coruña) e o Lúa de Forza-Sanxenxo.
Concello e a LNB danse as gracias mutuamente pola organización.
A vindeira xornada será esta fin de semana nas Somozas.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: A maxia da billarda conquistou a praia de Laxe.
- Xaneiro 2015: Sol e billarda na praia de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).