Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Ponteceso

Ponteceso si terá POS tras outro pleno de circo

Novo pleno no Concello de Ponteceso, e nova demostración do que a política municipal nunca debe chegar a ser. Falta de diálogo, faltas de respecto, soberbia, expulsións… ante a atención da veciñanza, xa presente no salón de plenos, e a través das redes.

O pleno significou a aprobación do POS 2022 da Deputación (deixará de ser Ponteceso o único concello da provincia sen Plan), unha vez que a proposta da alcaldía foi aprobada gracias ao voto de calidade do alcalde, unha vez que sumaron a favor os 3 do PSOE, os das dúas edís do PP, e o dun edil de APIN (Marco Varela), ante os 6 votos en contra dos edís non adscritos. Antes da votación era expulsado o edil José Manuel Pose Verdes, de APIN, tras ser chamado á orde 3 veces en apenas 5 minutos de pleno.

Os edís non adscritos,que foron informados da proposta da alcaldía con apenas 24 horas, propuñan incluír unha única obra, o "abastecemento e saneamento de Lestimoño e a Bouza”, pero o alcalde non aceptou incluíla, o que para os edís non adscritos, que marcharon do pleno despois da votación, é outra “demostración da falta de diálogo”.  "Non estamos de acordo é con que sexa a calquer precio, sen consensuar (porque con nós non se falou), sen chegar a acordos, con chantaxes e con ultimátum incluido, nós así non".

Antes da votación, non saíu aprobada polo voto en contra dos non adscritos a a abstención dos aínda presentes dous edís de APIN, un plan de obras para facer varias actuacións de saneamento.

Interesantes foron as preguntas que lanzou tanto a nova voceira do PP, Marta Carrillo, que preguntou por varios proxectos anunciados no seu día e que están paralizados, como a ampliación do Parque Polígono de Tella ou o Centro de Día Privado anunciado en 2019.

Tamén o ex voceiro Daniel García Cotelo pediu que se publiquen o convenios reiterados da empresa EDP co Concello, e lembrou que había varias preguntas pendentes do anterior pleno que non foron contestadas.

Facendo balance os non adscritos, consideran que "o acontecido onte foi esperpéntico, todos vimos como o Alcalde se encargou de votar fóra a un dos compoñentes do Pleno porque non tiña asegurado o seu apoio e se o expulsaba (por pedir a palabra expulsouno) xa lle daban as contas".

Novas relacionadas

Ponteceso si terá POS tras outro pleno de circo