Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe aprobou os seus Orzamentos

Concello de Laxe
Laxe aprobou os seus Orzamentos

Non era sen tempo, pero o pleno extraordinario do Concello de Laxe celebrado este mércores aprobou o orzamento para o curso 2022. Un documento aprobado cos votos a favor do grupo de goberno (PP) e do PSOE, e a abstención do BNG. Un BNG que non puido analizalos pormenorizadamente esta semana.

As contas ascenden un 5,65% con respecto ao do 2021 para chegar a 2,8 millóns de euros. En canto a gastos, o Concello destina 978.022,09 euros á partida correspondente ao pago de salarios e outras retribucións a funcionarios e traballadores municipais. O executivo local aumenta en torno a 196.600 euros o apartado de gastos correntes en bens e servizos ata alcanzar os 1.600.643,74 euros.
O capítulo 6, gastos en inversións reais, baixa ata situarse nos 209.622,24 euros, proxectándose, entre outros, o acondicionamento de varios camiños municipais con fondos de AGADER.

Os novos proxectos con partida incluídos no documento máis destacados son:

  • Creación dun punto limpo móbil;
  • Un programa municipal de compostaxe.
  • A posta en valor e musealización da carpintería de ribeira;
  • A sinalización de rutas de sendeirismo e turísticas.
  • A actuación e salvagarda de colección permanente para o Museo do Mar.

Comentarios