Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Laxe e Sofán vólcanse coa historia e a solidariedade

Laxe e Sofán vólcanse coa historia e a solidariedade

Doble e agradable nova a que traemos arredor do fútbol costeiro. En Sofán, un partido benéfico coa Cruz Vermella, mentres en Laxe, lembraranse do 50 aniversario do club, un dos fundadores da Liga da Costa. Un aniversario que tamén lembraremos na III Gala do Fútbol da Costa-QPC, onde, ademais, homenaxearemos aos 6 clubes fundadores aínda en activo.

Partido Benéfico en Sofán

Presentacion do Dia das Vermellas en Carballo Dia das Vermellas en Sofan

O domingo 8 de xuño o Campo "O Carral" de Sofán transformarase nun espazo solidario e comprometido grazas á celebración do Día das Vermellas. Trátase dunha xornada futbolística organizada pola SD Sofán coa colaboración da UD Paiosaco, o Concello de Carballo, Cruz Vermella, La Voz de Galicia, e o Festival V de Valarés, na que se disputarán varios partidos cuxa recadación será integramente para Cruz Vermella.

Segundo explica Marcos Gende, secretario da SD Sofán, a idea xurdiu "porque a entidade sempre quixo colaborar" neste tipo de iniciativas, e agora é "un momento complicado" no que é especialmente necesario colaborar coas ONGs que o necesitan. As actividades principian ás 16.00 horas cun partido de fútbol base coa presenza de categorías benxamín e alevín; ás 17.00 horas é a quenda dos infantís; e por último, ás 18.00 horas, será o partido dos senior entre a SD Sofán e a UD Paiosaco. Matilde Anido, presidenta local de Cruz Vermella, quixo expresar a súa "gratitude total ao Sofán e ao Paiosaco", así como ao Concello "sempre disposto a axudarnos".

O importe da entrada para a xornada do domingo é de 2 euros, que se doarán de forma íntegra. Así mesmo, quen queira colaborar tamén ten pode facelo a través dunha Fila 0. Para iso só ten que poñerse en contacto coa Cruz Vermella local na súa sede na rúa Vázquez de Parga, ou obter máis información en <www.cruzvermella.org>, en Facebook ou enTwitter.

Festa do Socio e dos 50 anos do Laxe

O vindeiro sábado 14 de xuño, ás 17:00h o campo de fútbol do Laxe acolle a Festa do Socio e a do 50 aniversario, dun dos 6 clubes fundadores do Fútbol da Costa, que, de feito, será homenaxeado na III Gala do Fútbol da Costa.
A cita celebrará un partido homenaxe entre os actuais e un combinado cos históricos. Estarán algúns grandes mitos como Toniño, Chalo, Paco…

Partido historico en Laxe

Novas relacionadas

Novas do 50 aniversario do Fútbol da Costa

Artigos de Xosé María Lema Suárez

Artigos do Mar de Paixón

Fonte

Comentarios