Domingo. 04.12.2022
El tiempo

Laxe estrea a Ruta do Percebe

Mapa_Ruta_do_percebe_de_Laxe copia
Laxe estrea a Ruta do Percebe

Percorrendo o Camiño dos Faros, e sobre a xa homologada a Ruta da Insua, a Xunta e o Concello de Laxe vén de crear a chamada Ruta do Percebe. Unha ruta circular (ver mapa [pdf] que parte do porto, dá a volta a toda a península da Insua, chega ata a praia dos Cristais para volver ao centro da vila.

O proxecto, financiado polo GALP, recibía onte a visita dunha comitiva da Xunta, co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, percorrendo este “novo atractivo turístico dinamizador da economía local”. Son 3 km de ruta, xa sinalizada.

Pola Ruta do Percebe de Laxe

“Galicia está de moda e a Costa da Morte está de moda”

Aproveito Rueda para dar unha serie de datos turísticos sobre a comarca. “A Costa da Morte, coa cifra de 122.000 viaxeiros aloxados nos seus hoteis no que vai de ano e con preto de 211.000 noites, sitúase en niveis similares aos de hai dous anos, antes da pandemia”.

comentarios