Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laxe expande a súa oferta de gastronomía e ocio nas feiras

Comitiva de Laxe no Xantar 2019
Comitiva de Laxe no Xantar 2019
Laxe expande a súa oferta de gastronomía e ocio nas feiras

Completas semanas de actividade da Concellería de comercio, hostalería e turismo de Laxe. Esta pasada fin de semana desprazouse unha completa comitiva laxeira ao 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar en Ourense. Alí levaron o proxecto gastronómico Laxe na Boca, que chega no marco do programa de desestacionalización ReLáxese.

Sen tempo a descansar, a Concellería prepara xa a súa visita, por primeira vez, á Feira Internacional do Mundo do Ocio “MIMOC”, que se celebrará na Coruña do 15 ó 17 de febreiro de 2019.

MIMOC é un foro de encontro de múltiples actividades de ocio en todas as súas vertentes- social, cultural e económica- concentrado nunha fin de semana múltiples iniciativas, que van dende a exposición, presentación e comercialización de produtos e servizos, ata a organización de simposios, congresos e meetings para profesionais dos sectores relacionados coas actividades de tempo libre.

Representando a Laxe estará a empresa de ocio e tempo libre COLAXE, que organizará un animado obradoiro de percusión infantil realizado con material de refugallo. Neste obradoiro de percusión poderán participar nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos, o sábado 16 de febreiro, no stand da Deputación Provincial da Coruña, entre as 17.00 e as 19.00 horas.

Unha estratexia

Dende a Concellería valoran ideal esta proposta, enmarcada nas estratexias de formulación turística municipal por dúas razóns: “Porque permite reforzar a imaxe do Concello de Laxe como destino turístico familiar; e porque permite transmitir que os recursos naturais deben conservarse para o seu uso continuado uno futuro”, explica o concelleiro Xosé Manuel Lema Pose.

Novas relacionadas

Comentarios