Venres. 04.10.2024
El tiempo

Laxe inicia os pasos para declarar unha Área de Rehabilitación Integral

Praza Ramon Juerga deLaxe
Laxe inicia os pasos para declarar unha Área de Rehabilitación Integral

A pasada mañá de luns, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o alcalde de Laxe, José Luis Pérez, analizaron as posibilidades existentes para que o concello poida solicitar a declaración dunha Área de rehabilitación integral (ARI), así como as condicións para a tramitación da mesma. Unha petición solicitada polos grupos da oposición Podemos.

O alcalde tomou nota dos pasos que o goberno local ten que dar para conseguir declaración dunha ARI e das vantaxes que a mesma pode ofrecer aos veciños da vila.
Tamén lle explicou as distintas liñas de axudas en materia de vivenda que a Xunta pon á disposición dos concellos galegos, como son o Fondo de cooperación ou as axudas para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal ou de infravivendas co fin de destinalas a uso residencial.

Comentarios