Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Laxe lembra ao mariñeiros falecidos no Naufraxio 2023

Cartel Naufraxio Laxe 2023
Laxe lembra ao mariñeiros falecidos no Naufraxio 2023

Como xa é tradición, Laxe lembrará aos mariñeiros falecidos o vindeiro xoves 17 de agosto, nun Naufraxio 2023 cun amplo cartel.

A axenda dese día iniciarase co pasarrúas da Banda de Música de Cee e o Grupo de Gaitas Maruxía. Ás 12 h terá lugar a tradicional misa solemne na honra da Virxe do Carme, na Igrexa Parroquial Santa María da Atalaia. Con interpretación da ‘Salve Mariñeira’ a cargo do tenor Andrés Meléndrez e o pianista Rupert Twine, será o xeito de homenaxear aos mariñeiros falecidos no mar.

Seguidamente dará saída a procesión da Virxe do Carme, acompañada pola Banda de Música de Cee. Nesta procesión levarase a cabo a Danza de Arcos na zona portuaria, co Grupo de Gaitas Maruxía. Tras a representación do Naufraxio no peirao en torno ás 13:00 horas, na que se volverá cantar a ‘Salve Mariñeira’ a cargo dos traballadores do mar, terá lugar a procesión marítima con traca de bombas.

Por último, a procesión da Virxe do Carme regresará á Igrexa Parroquial porteada polos mariñeiros descalzados que participaron na representación do Naufraxio.

FESTAS DE LAXE

Pero antes, volven as noites de verbena e de celebración! Desde o 13 ata o 17 de agosto haberá sesións vermú, música, fogos artificiais e moito máis nas festas de Laxe.

Festas de Laxe 2023

Comentarios