Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Laxe dinamiza o comercio local cun taller de comercio electrónico para os hostaleiros

Laxe dinamiza o comercio local cun taller de comercio electrónico para os hostaleiros
 xoves 5 de abril ás 20.30 h no Museo do Mar de Laxe, terá lugar un taller de comercio electrónico e fidelización de clientes. A actividade, de dúas horas de duración, está organizada pola Concellería de Comercio de Laxe en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Trátase dun taller dirixido a emprendedores e autónomos, no que se darán a coñecer aspectos relacionados co negocio e o consumidor tales coma normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico, e fidelización da clientela, entre outros. Non obstante, tamén poderá participar calquera persoa interesada na temática. A actividade formativa contará coa dirección de persoal técnico con dilatada experiencia profesional e formativa nos temas a tratar. O taller trata de botar unha man ao comercio local, que debe aproveitar ó máximo as posibilidades e atributos que lle son propios, coma a cercanía, ou o trato personalizado. E aí, dende o Concello consideran necesario unir forzas cos empresarios, autónomos e comerciantes para darlle vida ao pequeno comercio, para darlle luz e vida a Laxe,  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios