Laxe pecha en Nande o ciclo de cine na rúa

11:03 25/08/22
Ademais da singular cita o sábado do Solpor Poético na praia dos Cristais, Laxe ten este venres, ás 22:00 horas, a última proxección de cine en familia e ao aire libre do verán no concello de Laxe.
A película que se poderá visualizar en Nande, na zona fronte a igrexa de Matío, será 'Nocturna, unha aventura máxica'.