Laxe pon en valor a súa cultura culinaria coas Xornadas Con X de Peixe

06:34 09/04/18

Do 9 ó 15 de abril, a hostalería do Concello de Laxe, abre as primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poderán degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería - Degustación O Ben Me Sabe, Taberna - Restaurante O Bocho, Café - Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich.
Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio.
Novas relacionadas
- “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe.
- A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
- O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese.
- 2011: Unha documental sobre os “Kaolines de Lage”.
- A ruta do Caolín de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).