xoves. 01.05.2025
El tiempo

Laxe ponse de outono cunha nova Ruta de Pinchos

Laxe ponse de outono cunha nova Ruta de Pinchos
Pinchos da Ruta de Pinchos de Outono de Laxe Algúns dos exemplos da Ruta de Pinchos de Outono de Laxe

Con infalibles as rutas de pinchos na comarca, como cada proposta gastronómica. Por iso dende a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe xa teñen todo listo para a II Ruta de Pinchos do Outono que se desenvolve en 11 establecementos da vila durante esta fin de semana de sábado 18 e domingo 19 de novembro.

Deste xeito, estes días toca pasarmos a probar as tapas dos Mar de Fondo, O Bocho, Cervecería de Laxe, Áncora, O Recodo de Antía, Zurich, O Escaravello, A Diario, O Reino de Loki, O Ben Me Sabe, Villa de Laxe. Os pinchos custarán 1,5€ e estarán dispoñibles o sábado 18 pola mañán de 12.00 a 15.00 h, e pola tarde de 20.00 a 23.00 h, e o domingo 19 pola mañán de 12.00 a 15.00.

Para acompañar a ruta de pinchos circulará o Tren Turístico durante as mañás. Haberá animación musical a cargo da Banda de Gaitas Maruxía, Pandereteiras Pandora e Batukada Trikitrakes.

Concurso

Son 8 os establecimentos que entrar a participar nun Concurso, optando ao 1º, 2º e 3º galardón do xurado profesional formado por Óscar Souto Ures, xerente-cociñeiro do Restaurante A Cunca (Buño) e Marisol Martínez Mato, cociñeira do Restaurante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños). Tamén haberá un galardón especial ao mellor pincho que outorgará o público.

Os que manden os seus votos, cubrindo unha ficha que estará en cada bar e cubrindo polo menos 6 pinchos diferentes (co seu selo), entrarán no sorteo de tres vales de compra no comercio e hostalería locais, por importe de 100, 75 e 25 euros.

O sorteo de agasallos para o público e a entrega de galardóns ós negocios celebrarase o domingo 19 ás 20.00 horas no Polideportivo Municipal, no marco da celebración do tradicional Magosto Popular.

Fonte

  • Laxe.

Comentarios