![]()
A ornitoloxía terá este mes de maio un protagonismo especial dentro do
proxecto turístico Reláxate posto en marcha polo concello. Laxe ten unha situación estratéxica nas travesías migratorias, está integrado na ZEPA Costa da Morte e ademais ten a especial catalogación do Espazo Natural da Lagoa e Dunas de Traba, constituído nunha reservas ornitolóxica.
Así as actividades arrancan hoxe cunha
conferencia de Antonio Sandoval Rey - escritor, comunicador ambiental e ornitólogo - sobre as posibilidades do turismo ornitolóxico na Costa da Morte. Será ás 19 horas no Museo do Mar da vila. O sábado continúan as actividades cun
avistamento de aves no Espazo Natural de Traba. A actividade, que terá lugar ás 11 horas, correrá a cargo de Cosme Damián Romay Cousido - biólogo, ornitólogo e divulgador de GN-Hábitat. Ademais, durante todo o mes de maio, o Museo do Mar de Laxe acolle unha
biblioteca ornitolóxica formada por un catálogo literario.
Ao longo de todo o mes de maio continuarán as actividades entre as que se inclúen un avistamento de libélulas, unha ruta de sendeirismo, un coloquio cos ornitólogos Antonio Sandoval Rey e José Luis Rabuñal e un curso de formación.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Laxe