Luns. 29.04.2024
El tiempo

Laxe prende o Nadal

LAXE - NADAL 3
Laxe prende o Nadal

Arrincou o Nadal en Laxe cunha festa na praza Ramón Juerga.

E con el arrinca un programa diverso que terá na Cabalgata e a Festa de Reis os principais alicientes.
 

cartelería xeral nadal 2023 Laxe


 
 
Campamento de conciliación de Nadal

Do 26 ao 29 de decembro o Concello de Laxe celebra o programa de conciliación laboral “Nadalaxe” dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. As inscricións ábrense este luns, 11 de decembro, e as prazas son limitadas.
 
O horario do programa será de 10 a 13 horas, onde os mozos e mozas realizarán diferentes actividades no Pavillón Deportivo Municipal.
 
“Nadalaxe” pretende facilitar a conciliación laboral e familiar nunhas datas como o Nadal, nas que os pequenos e as pequenas están na casa.

Comentarios