Laxe prepara un Nadal con actividades culturais

08:39 18/12/19
A programación de Nadal de Laxe deste ano ven cargada sobre todo de diferentes citas culturais para esta época:
- Sábado 14 de decembro. XVI Festival de panxoliñas.
19:30 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Participan as corais de Outes, A Coruña e Laxe.
- Xoves 19 de decembro. Papá Noel visita o CPI Cabo da Area e as Escolas Unitarias da Torre e Traba de Laxe.
- Venres 20 de decembro. Belén en Vivo.
19:30 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe. Participan as Escolas Municipais de Teatro e Música de Laxe.
- Domingo 22 de decembro. Teatro "As mil e unha noites"
19:30 horas no Salón de Actos Culturais de Laxe. Coa compañía de teatro Ghazafelhos.
- Sábado 28 de decembro. Maxia: "Le cirque".
19:30 horas no Salón de Actos Culturais de Laxe. Co mago Cayetano Lledó.
- Domingo 5 de xaneiro. Cabalgata e festa infantil.
De 17:30 a 19:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Laxe. Haberá hinchables, obradoiros, animación musical, chocolate, rosca de Reis...