![laxe-exposición-xigantes]()
O concelleiro de Turismo e o alcalde de Laxe, xunto co responsable da área de Turismo da Deputación, inauguraron onte a mostra
O
museo de Mar de Laxe acolle ata o vindeiro 16 de xullo a
exposición “Xigantes: Os petroleiros de Astano 1964-1982”, organizada pola Deputación da Coruña cos fondos expositivos da fundación Exponav de Ferrol.
A mostra inaugurouna onte o deputado responsable da área de Turismo - Xosé Regueira -; o alcalde de Laxe - José Manuel Mouzo -; e o concelleiro de Turismo, Comercio e Hostelaría da localide - Xosé Manuel Pose -, e repasa través de maquetas, paneis, pezas, documentos e material audiovisual, algúns dos grandes fitos da construción naval realizados en Astano entre 1964 e 1982
“Xigantes” permitirá ao público coñecer en profundidade cómo foi o proceso de construción dos grandes buques petroleiros que forman parte da historia naval da comarca de Ferrol como o Al Andalus, Texaco, Arteaga, Carthagonova, Mónica María ou o Ocean Park. Grandes buques de aceiro , algúns deles con máis de 300 metros de eslora, contruídos por encargo dalgunhas das principais compañías petroleiras de transporte marítimo do mundo no momento de maior esplendor da construción naval da nosa provincia, que convertiu á comarca ferrolana nun punto de referencia industrial do país.
Outras datas
- Muxía. Casa das Beiras. 18-31 de xullo de 2017
- Muros. Pozo do Cachón. 5-7 setembro de 2017
- Corcubión. Cárcere Vello. 19-30 setembro de 2017
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña