Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Laxe sae á caza de poemas

Laxe sae á caza de poemas
Con motivo do día internacional da Poesía, que se celebra o 21 de marzo, alumnado e profesorado do CPI Cabo da Area de Laxe puxeon en marcha unha campaña de "caza" de poemas. "Poemon Go" é o nome da actividade que ten por obxectivo achegar á poesía aos alumnos, ás familias e á sociedade en xeral a través da realidade aumentada. Para iso, distribuiron pósters ao longo da vila que conteñen interesantes códigos QR. Para poñer en marcha esta campaña, o centro escolar contactou previamente coa asociación de escritoras/es en Lingua Galega para que as socias e os socios que quixesen enviasen os seus poemas para participar na iniciativa. Estas achegas, completáronas con poemas que gravaron nas clases o alumnado de infantil e primaria nos días previos. Compartíronse en Internet e creáronse tantos códigos QR como poemas se gravaron. Con estes códigos, fixéronse uns pósters que decorou tamén o alumnado do centro e que o profesorado distribuiu e colgou esta semana en distintos puntos da vila de Laxe (paseo, prazas, porta do pavillón municipal, campo de fútbol, comercios...). Para a caza dos poemas, débese instalar no móbil un programa-lector de códigos QR. Unha vez feito isto, só hai que atopar os posters distribuídos pola vila - un total de 12 - abrir a aplicación no teléfono ou tableta e enfocar o código QR para ter acceso a diferentes enderezos da Rede de Internet, nos que se pode ver por exemplo, a todo un curso de alumnos e alumnas do centro escolar de Laxe, lendo un dos poemas dos escritores/as da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega que se implicaron na iniciativa.

Comentarios