Martes. 15.10.2024
El tiempo

Laxe ten novos Orzamentos por 2,7 millóns de euros

Casa do Concello de Laxe
Laxe ten novos Orzamentos por 2,7 millóns de euros

Non foi sen tempo, pero o goberno de Laxe vén de aprobar os novos orzamentos 2021. Unhas contas que foron aprobadas tamén polos grupos da oposición, conscientes da necesidade de ter unhas contas actualizadas nestes tempos.

Serán 2,68 millóns de euros, dos que case 1 millón son para gastos de persoal, volvendo a ver o que implican as estruturas municipais. Ademais hai 1,4 millón para gasto corrente e servizos, quedando apenas un 10% para investimento real.

Precisamente dende o BNG lamentan que non haia partidas para turismo ou cultura, cando son os principais motores económicos do concello, xa por encima da pesca.

Novas relacionadas

Comentarios