Laxe traballa pola alfabetización dixital
08:32 01/12/10
Onte, martes 30 de novembro, Alcalde, Antón Carracedo Sacedón, e o Concelleiro de Cultura, José Manuel Mouzo Castiñeira, e María José Mato Figueiras, Técnico en
Turismo, e coordinadora das actividades da Aula Municipal de Informática do Concello de Laxe, procederon á entrega dos diplomas ós participantes nos cursos de iniciación a informática que veñen desenrolándose na Aula Municipal de Informática durante as últimas semanas.
Uns cursos que, como sempre dicimos, son necesarios para a alfabetización dixital na nosa bisbarrra, unha das máis atrasadas de todo o país.
Neste caso tiven un total de 18 alumn@s que deron os seus primeiros pasos no mundo da informática e que, no día da entrega de diplomas, se mostraron moi entusiasmad@s para participar en vindeiras actividades. Como nos conta a propia María José Mato, "dá gusto traballar con xente que ten tantas gañas de aprender!!"
A seguir aprendendo"
Novas relacionadas
- Ambrosio Oróns presentouse como novo candidato do PP de Laxe.
- Remata o importante programa de Alfabetización Dixital de Ponteceso.
- A escola sen libros.
- Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra .
- A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia .
- Ciencia e Tecnoloxías, con Mario Rodríguez: Galiza tamén a vangarda das novas tecnoloxías.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: A privacidade nas redes sociais:.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Laxe da man de María José Mato.