Martes. 19.03.2024
El tiempo

Laxe viste o outorno con Magosto, artesanía e teatro

cartel prazo extraord inscr nov EMT 2019 2020 500
Laxe viste o outorno con Magosto, artesanía e teatro

Varias frontes ten abertas o Concello de Laxe estes días. 

Por un lado, , debido a que algunhas persoas lle trasladaron o seu descoñecemento en relación á apertura do prazo de inscrición durante o mes de outubro para anotarse e formar parte da Escola Municipal de Teatro, o Concello abriu un segundo prazo ata o 15 de novembro.

Magosto e Mostra de Artesanía

Este domingo 17 de novembro o polideportivo de Laxe acolle o IX Magosto e Mostra de Artesanía de 17:30 a 20:30h. Haberá castañas, xogos, obradoiros, inchables e música en directo, ademais das exposicións dos artesáns da zona.

O prazo de inscrición para artesáns está aberto ata mércores 13 de novembro e poden poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello no teléfono 610 95 20 17 ou enviando un email a [email protected].

Cartel IX magosto e mostra 2019 500

Comentarios