Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Luís Giadás achegounos ao patrimonio relixioso

LUIS Giadas na igrexa de laxe
Luis Giadás facendo a visita
Luís Giadás achegounos ao patrimonio relixioso

Esta fin de semana rematou a primeira edición das 'Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural' que se levan celebrando en Laxe durante os sábados e domingos deste mes de novembro.

Este pasado sábadp foi a última das sesións co concerto do Coro Infantil Xuvenil Cantabile, formado por crianzas e mozos de 8 a 30 anos e dirixido polo profesor de canto e tenor Pablo Carballido del Camino.

A actuación tivo lugar na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe ás 17.30 horas, cunha charla previa a cargo do mestre en Xeografía e Historia, Luis Giadás.

Estas xornadas foron organizadas polo Concello de Laxe en colaboración coa Deputación da Coruña para poñer en valor a cultura e as igrexas parroquiais.

Comentarios