Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Máis sendas e unha depuradora para Laxe

20221112 Audiencia Laxe 2
Máis sendas e unha depuradora para Laxe

Esta pasada semana arrincaron os traballos de mellora do firme na estrada autonómica AC-434 ao seu paso por Laxe. Tamén están en execución a construción das sendas na AC-433, que conectará pola marxe esquerda os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto; e pola marxe dereita Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio. Estes dous itinerarios suman 1,3 km de lonxitude e supoñen un investimento autonómico de 335.000 euros. A previsión é que poidan estar rematados a comezos de 2023.

E precisamente, a Xunta vén de confirmarlle ao alcalde José Luís Pérez Añón que vai continuar a senda de Serantes. A Xunta vai redactar o proxecto da continuación desta senda de Serantes cara a Laxe e, polo outro lado, cara a Castrelo, sumando máis de 1 km de lonxitude.

Confirmou, ademais, que a Xunta colaborará co Concello para mellorar o sistema de depuración do municipio, asumindo o compromiso de contratar a redacción do proxecto dunha nova depuradora en Traba. 

                

Comentarios