Maltratamos a paisaxe na Costa da Morte?
08:45 25/01/14
Hoxe tomamos nota do tuitero @MaltratoPaisaxe para facermos unha reflexión. I é que esta conta anónima leva pasando pola nosa bisbarra bastante nas últimas semanas.
Así, na Costa da Morte combinamos perfectamente a arte do Feismo de vangarda coa falta de obrigas urbanísticas para crear un caos que... ata ten o seu aquel.
Preferimos non falar moito dos exemplos de "A ladrillo vista", pero hai que opina que eses galpóns de cemento ao carón da casa de pedra de sempre, ou ese hórreo gris subido no alto do terreo son ás veces ata bonitos.
Esta conta nacida contra o "Maltrato do Territorio e da Paisaxe", tamén o chama "Canibalismo Urbanístico". Así, deixámosvos cunhas cantas demostracións do que entende esta conta como desfeitas.
Novas relacionadas
- 400.000 de multa urbanística por unha vivenda ilegal Fisterra.
- Fisterra e a casa sen vender.
- Fotodesfeita: A ladrillo vista en Sardiñeiro.
- Fotodesfeita: A ladrillo vista en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
- Fotofesfeita: Casas no Reira. A que esperan para tiralas abaixo?.
- Feismo de vangarda.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).