Martes. 16.04.2024
El tiempo

A maxia da billarda conquistou a praia de Laxe

A maxia da billarda conquistou a praia de Laxe
Allstar da Liga Nacional de Billarda en Laxe 2017 Allstar da Liga Nacional de Billarda en Laxe 2017

Que sensación de liberdade a de xogar á Billarda na praia de Laxe. Volvía acoller o areal bergantiñán o Allstar-2017 da Liga Nacional de Billarda coma en 2015, e as sensacións que deixa entre os participantes e veciños é máxica. Recuperar un deporte tradicional, facéndoo máis actual que a mesma NBA, gozando dunha xornada ao aire libre e da boa compañía, non se pode comparar co deporte de alto nivel. Isto si que é deporte.

O Aberto das Estrelas 2017 xuntou unha boa cantidade de amantes da tradición, e do bo comer. Xa o sábado houbo a inauguración da exposición sobre a LNB e os seus “10 anos de actividade e hiperenxebrismo”. O domingo pola mañá, colleron as billardas e os paláns e directos á area. Tocaba concurso de mates e triplas.

O Restaurante Pino acollía ese xantar de confraternización entre as diferentes delegacións, onde a rivalidade ben entendida só serve para afianzar lazos, non para rompelos. Pola tarde, era tempo do gran choque entre os mellores do país. Xosé Collazo foi o gran campión do concurso triplas-mates 2017 e o mítico Iván de Furabolos da Conf. Centro foi o campión absoluto no partido das estrelas, a pesar do empuxe de David Fontán.

Como a Billarda é un deporte para todos, tamén houbo partida de categoría infantil cos Óscar Cambón, Marc e Abel, da Conferencia Noroeste, e Geno e Juanma da Conferencia Rías Baixas. Probablemente, entre eles está o vindeiro Campión Nacional 2017.

LNB Billarda en Laxe

Non podía quedar así a cousa e sempre para pechar unha máxica tarde de Billarda, armaron un concerto con 4 bandas da zona ben cañeras, para o goce de todo o persoa.

Así foi a retransmisión en directo dende as redes sociais:

 

https://www.facebook.com/xosemiguel.perezblecua/videos/10211058487051459/  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios