Venres. 30.10.2020
El tiempo

Os monicreques de Fantoches Baj abren a Mostra de Outono de Teatro de Laxe

Os monicreques de Fantoches Baj abren a Mostra de Outono de Teatro de Laxe
Este domingo arrincará a décimo cuarta edición de Mostra de Outono de Teatro do noso concello. 
 
Este ano hai unha mostra de teatro composta por 4 propostas orientadas a público familiar na que serán protagonistas as compañías de teatro de FANTOCHES BAJ, GHAZAFELHOS, PÍSCORE e TALÍA TEATRO, cos espectáculos que aparecen recollidos no cartaz do programa que vos enviamos en adxunto.
 
As obras terán lugar os vindeiros domingos do mes de outubro e 1 de novembro ás 19.00 horas no Salón de Actos Culturais, situado no edificio da Biblioteca Municipal Antón Zapata.
 
Por protocolo de prevención da COVID-19, a capacidade da sala verase  reducida ata as 35 persoas. A entrada ó espectáculo será de balde e irase accedendo por orde de chegada seguindo todas as recomendacións e medidas das autoridades sanitarias ó respecto. Dende o concello pregamos puntualidade pois a entrada só se permitirá 10 minutos antes do comezo do espectáculo.
 
Este domingo, FANTOCHES BAJ achega o espectáculo de monicreques e narración oral: RODARIRRODARI, Contos de tranví. Rodarirrodari  é un espectáculo de narración oral e monicreques con acompañamento musical, no que empregan a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tranvía de Marín, baseándose, na descrición humorística que fixo Castelao, serviralles como medio de transporte do espectáculo. O tema da xogo para introducir cancións tradicionais. O narrador Inacio Vilariño, xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas. Finalmente péchase o circulo coas novas tecnoloxías e como mal usadas acabarán converténdoos en burros.
'

comentarios