Martes. 17.09.2019
El tiempo

Enchendo de vida, e investimentos, o Museo do Mar de Laxe

Enchendo de vida, e investimentos, o Museo do Mar de Laxe
Xurxo Lobato no Museo do Mar de Laxe Xurxo Lobato no Museo do Mar de Laxe Interesantísima a visita de todo un Xurxo Lobato ao Museo do Mar de Laxe. Neste 2018, ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal, Laxe quere centrar a atención neste patrimonio, e unha das primeiras paradas foi esta charla sobre fotografía antiga que impartíu un dos mestres máis reputados do noso país. As expectativas do público eran altas e o fotoperiodista coruñés non defraudou. Baixo o título “Unha mirada á fotografía histórica en Galicia” transmitiu unha visión panorámica da fotografía, dende o século XIX ata a actualidade. Para facelo, usou de fío conductor a obra dunha serie de autores, coma Pacheco, Kasado, ou o pontevedrés Joaquín Pintos. Neste repaso houbo cabida para transmitir curiosidades e anécdotas, sempre con sensata cronoloxía. Entre elas, Lobato narrou a primeira manifestación de fotógrafos que tivo lugar na década dos 80, na que se reivindicaba a importancia da fotografía é a súa catalogación coma unha arte. Unha cita, a de Xurxo Lobato, xustamente inmortalizada para o recordo nun Museo do Mar. Un Museo, recordemos, especialmente vencellado a fotografía histórica, a través do riquísimo fondo gráfico de máis de 67.00 imaxes da familia Vidal.

Nova axuda

Interior do Museo do Mar de Laxe Interior do Museo do Mar de Laxe Clave está a ser o Museo do Mar de Laxe para desenvolver os valores “únicos” que está potenciando a concelleria de Comercio, Hostalería e Turismo. E xa pode contar con 20.000€ máis para a súa posta en valor gracias ao compromiso da Deputación, que aprobaba o pasado venres e por unanimidade de todos os grupos políticos, un convenio por importe de 20.000 euros para financiar a mellora de diversos equipamentos e infraestruturas do Museo do Mar de Laxe. O investimento servirá para dotar de novo mobiliario, sistema de seguridade e equipamento informático, audiovisual e técnico para as exposicións, entre o que destacan dúas novas pantallas táctiles de gran formato e varios ordenadores, ademais de vitrinas de exposición, armarios, estores e lonas, mesas e cadeiras. Material pensado para a posta en valor da recuperación do Arquivo Vidal Ademais, tamén permitirá renovar o sistema de alumeado das salas de exposicións por outro máis eficiente con tecnoloxía LED; e instalalar dun sistema de seguridade no inmoble que estará composto por cámaras de videovixiancia e un detector volumétrico para o interior, así como a instalación dun sistema de fío musical e conexión Bluetooth. Finalmente, incluiranse pequenas obras de mellora no inmoble entre as que cabe destacar a impermeabilización do foso do ascensor e a reforma de varias cristaleiras das vitrinas actuais. O Concello terá que aportar 5.000€ para completar a axuda. https://quepasanacosta.gal/os-valores-unicos-de-laxe/ https://quepasanacosta.gal/2018-o-ano-da-recuperacion-do-arquivo-fotografico-vidal/

Comentarios