Nova excursión ambiental a Camelle de CEIP Cabo da Area de Laxe
Este pasado mércores, a Asociación Mar de Fábula acolllía outra das súas visitas escolares ambientais. Despois das visitas do cole de Camelle e da primeira excursión laxense, eran 29 alumn@s e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe as protagonistas da nova excursión.
O programa vpñveu seguir o mesmo fío, comezando cunha limpeza da praia e posterior clasificacións por fraccións do lixo mariño apañado. “Producía emoción ver en estos cativiñxs de 10 anos o interese e atención extrema que puxeron en seguir as pautas marcadas para apañar, non só lixo mariño, patente á vista, senón tamén os miniplásticos e incluso os anaquiños de microplásticos”, reflexiona Xosé Manuel Barros, coordinador da entidade.
E malia que van 3 semanas seguidas de limpezas, a praia segue a devolver numeroso lixo, que iso si, nunca máis volverá a contaminar o mar, gracias á recollida das 37 cabichas, 14 tapóns, 19 botellas, 13 latas, 8 máscaras, 1 brick, 31 anacos de plástico duro, 75 envoltorios ou anacos de bolsas de plástico, 6 anacos de cerámica, 18 de ferro, 7 solas de zapato, 143 aparellos de pesca, 8 bastonciños, 29 anacos de vidro, e inmuerables mimcroplásticos.
Tendo en conta que a semana pasada fixeron a mesma operación, Mar de Fábula corrobora que “as feridas do mar están abertas polo maltrato que históricamente lle temos dado e todos os días está devolvéndonos os detritos que lle temos botado.”
Recoller e crear
Na segunda parte das actividades, xa nas instalacións de Mar de Fábula, despois de tomar a súa merenda da mañá na terraza, pasaron ao interior para atender unha minicharla participativa, visionar un vídeo de 5 minutos sobre a formación das criaturas caóticas, os animais de plástico que xurden do fondo do mar. Despois, até o remate da xornada, os escolares disfrutaron creando animais fantásticos cos anacos de lixo plástico, limpo e preparado, estibado á súa disposición no local.
Novas sobre Mar de Fábula
- Febreiro 22: O alumnado de Laxe, o segundo en disfrutar das excursións medioambientais con Mar de Fábula.
- Xaneiro 22: As escolas de Camelle e Laxe salvan o mar e crean arte coas crebas con Mar de Fábula.
- Xaneiro 22: A veciñanza salvou o Esteiro do Anllóns do plástico.
- Novembro 21: O alumnado do cole de Camariñas realizou unha completa xornada medioambiental con Mar de Fábula.
- Setembro 21: A mocidade comprometida vence ao lixo de Nemiña.
- Setembro 21: As criaturas caóticas de Mar de Fábula representadas nun mural no CEIP O Areal.
- Agosto 21: Mar de Fábula artella obradoiros artísticos con crebas para a rapazada de Camelle.