Xoves. 19.09.2024
El tiempo

O BNG de Laxe apoia ao PSOE coa condición dunha única dedicación exclusiva

O BNG de Laxe apoia ao PSOE coa condición dunha única dedicación exclusiva
O BNG de Laxe, liderado por Xosé Manuel Pose, anuncia que no pleno de investidura, que terá lugar o vindeiro sábado, votará para que o Partido Popular non poida gobernar en Laxe e así ofreceralle o seu apoio ao candidato do PSOE, José Manuel Mouzo Castiñeira, na súa investidura como alcalde. Segundo un comunicado do BNG de Laxe remitido esta mañá á redacción de QPC, "O BNG está disposto a asumir as súas responsabilidades e participar no goberno municipal de Laxe desde a primeria tenencia de alcaldía". Desta forma, recoñecen que houbo negociacións entre as dúas forzas políticas nas que acordaron "a elaboración dunha auditoría externa antes da celebración do primeiro pleno ordinario e un programa conxunto de goberno e a distribución das súas áreas onde o BNG xestionará Promoción Económica, Comercio, Turismo e Servizos Sociais". Dedicacións Segundo comunica o bloque laxense, as dedicacións serían unha exclusiva para o alcalde e dúas parciais para un membro do PSOE e para o BNG. Nembargantes, o comunicado explica que o candidato a alcalde, José Manuel Mouzo, "condiciona un goberno estábel a poder dispoñer o PSOE de dúas dedicacións exclusivas, condición sine qua non para poder asinar ese pacto de gobernabilidade para Laxe durante os próximos catro anos. A lamentábel situación económica do concello, logo dunha nefasta xestión económica por parte dos gobernos anteriores e que a veciñanza de Laxe fixo pagar nas urnas, impiden ao BNG-Asambleas Abertas aceptar dita pretensión". Esta é a discrepancia pola cal o BNG de Laxe empraza ao grupo de PSOE a "reconsiderar a súa postura e asinar o documento que permitirá, desde a responsabilidade e o respecto, poder transformar Laxe nos próximos catro anos e terminar coas políticas municipais baseadas na prepotencia e neglixencia na xestión dos intereses dos veciños e veciñas de Laxe".

Novas das Eleccións #24M

Comentarios