O BNG de Laxe reiterea a necesidade de acondicionar os panteóns do cemiterio


Pasa dos 6 meses dende a última vez que o BNG preguntou no pleno polo cemiterio de Laxe. E fará o propio no pleno do vindeiro venres 13 de xuño (coma sempre, o 2º venres de mes ás 12:00h). I é que segundo entende o grupo da oposición, as “condicións de seguridade, salubridade e ornato público dos panteóns non son as máis axeitadas”.
Por iso presentará unha moción para que ”o Concello solicite a un técnico competente, externo ao mesmo, a redacción do proxecto técnico das obras a acometer nos panteóns do Cemiterio Municipal de Laxe e o presente no prazo dun mes ao Pleno da Corporación”.
Consideran prioritario levar a cabo estas obras para chega a solucionar “a demanda de, aproximadamente, cento trinta familias da Laxe que á vista do estado case ruinoso dos seus panteóns desexan acometer as obras necesarias para conservalos”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Laxe.