O campo de fútbol do Laxe sairá a poxa
08:10 13/02/12
Volve á actualidade política o PP de Laxe esixindo explicacións ao goberno local sobre a situación xudicial do campo de fútbol. I é que as últimas informacións que recibía o grupo da oposición indican que un xulgado sacará a poxa a instalación deportiva.
O portavoz do PP de Laxe, Ambrosio Oróns, que considera "lamentable" a situación, exporá o asunto en pleno para pedirlle explicacións ao alcade.
"É algo que desde o PP xa avisamos que podía suceder", indicou Oróns, quen non se explica como o goberno local puido certificar unha obra nun terreo no que "non estaba claro quen era o seu propietario".
Novas relacionadas
- O Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, a Evaristo Lareo e ao Alcalde de Laracha polo campo de fútbol de Casión.
- O PP comarcal de Bergantiños fai balance.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Laxe.