Martes. 08.10.2024
El tiempo

O concello de Laxe e Contramínate organizan un obradorio de Mosaico

O concello de Laxe e Contramínate organizan un obradorio de Mosaico
O concello de Laxe e a asociación ambiental Contramínate organizan un obradoiro de Mosaico que terá lugar do 19 ao 30 xuño co que pretenten promover a concienciación veciñal para coidar a contorna. A obra consistirá na realización dun mural coa técnica do “trencadís” en azulexo cerámico sobre unha das paredes da antiga Escola de Párvulos situada no paseo marítimo. As medidas aproximadas da parede que se traballará son 6,35 m de ancho por 5m de altura, unha superficie de 28,5 m2. A imaxe será unha adaptación do bosquexo para mural de Luis Seoane interpretado por CariCa, que será tamén quen dirixa e coordine o traballo. As sesións de traballo terán lugar durante a semana, a partir do luns 19 de xuño, no horario ou horarios convidos co grupo ou grupos que se formen (requeriránse un mínimo de 6 persoas para levar o proxecto adiante). Para participar na iniciativa é necesario ser maior de 18 anos e hai que anotarse a través do concello de Laxe tanto por teléfono como enviando un mail a [email protected]. O prazo inicial de inscrición para valorar a viabilidade de execución do proxecto, rematará o vindeiro venres 16 de xuño.  

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios