O concello de Laxe organiza unha vista á feira de turismo gastronómico
07:03 13/01/18
Con motivo da feira de turismo gastronómico "Xantar" que terá lugar a finais de mes na cidade de Ourense, o concello de Laxe organiza unha visita á cidade para o vindeiro día 31.
A concelleiría de Turismo, dentro do programa Relaxese 2018, asume os custes de desprazamento e entradas ó recinto feiral. O prezo do menú, de 12€, e a entrada ás termas (opcional), de 4,90€, serán a cargo de cada participante. A hora de saída dende Laxe será as 8:30 da mañán
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse na Casa do Concello (1º andar - Oficina Técnica de Turismo) antes do día 24 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Laxe