Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Consello de Contas continúa coa Auditoría no Concello de Laxe

O Consello de Contas continúa coa Auditoría no Concello de Laxe

Informa hoxe o BNG de Laxe, que efectivamente a Auditoría solicitada ao Consello de Contas segue en marcha. Así o corroborou o voceiro da oposición, Xosé Manuel Pose que visitou o Consello de Contas para informarse de como están os trámites da solicitude de auditoría ás contas do Concello de Laxe e reúnese con Antonio López Díaz, Conselleiro de Contas de Galicia.

O Conselleiro confirmoulle a X.M.Pose que a contestación oficial á solicitude de auditoría por parte do Concello de Laxe producíuse o pasado 11 de outubro polo que "o BNG de Laxe se pregunta por que ó Sr.Alcalde non trasladou ao Pleno esta información; polo que lle esixe que así o faga para o coñecemento xeral de toda a veciñanza de Laxe".

Asimesmo López Díaz cre que "unha vez rematada no 2012 a fiscalización de contas aos 9 Concellos Galegos restantes, que actualmente non renderon contas diante deste Organismo, prioridade máxima nestes intres do Consello; pasarán á fase de fiscalización de todos aqueles Concellos con factores de risco elevados (remanente de tesourería negativo elevado, débeda excesiva, etc) polo que é probable que Laxe sexa auditado no primeiro grupo de Concellos, según palabras do Conselleiro".

López confirmou tamén que "o Concello de Laxe sí tén a presentación das contas ao día, aínda que con retraso, algún deles excesivo, nos derradeiros 6 exercicios". Esta entrevista,desenvolvida ao longo de máis de media hora nun clima de absoluta exquisitez e amabilidade por parte do Sr.López Díaz o cal tamén queremos agradecer así como a deferencia de ternos recibido, demostra pois que o BNG de Laxe non escatimará esforzos para que a auditoría das contas do Concello sexa realizada pois para nós foi desde o principio unha cuestión primordial, xa que entendemos que os veciños e as veciñas de Laxe teñen dereito a saber en que se gastaron os seus cartos e a qué se debe tan elevada débeda, ademáis de ser un elemento imprescindible para poder tomar as medidas adecuadas para encamiñar a boa situación económica do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe, da man de Xosé Manuel Pose Lema.

Comentarios