Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe pon condicións ao goberno de Carracedo

O BNG de Laxe pon condicións ao goberno de Carracedo

O apoio do BNG laxense na sesión de investidura de Antón Carracedo trae consigo certas esixencias por parte do grupo opositor. Se a semana o Concello xa solicitaba unha auditoría como esixía o BNG, este sábado ambos partidos celebraban unha reunión na que o BNG de Laxe puxo enriba da mesa do grupo de Goberno do Psdg-Psoe de Laxe as condicións mínimas de apoio no Pleno de Organización.

Entre elas, cabe destacar pasar a únicamente 2 dedicacións exclusivas sen ningún tipo de incremento salarial, crear a Xunta de Portavoces, a Comisión Especial de Contas, a participación de tódolos grupos na Mesa de Contratación, ou a non delegación das atribucións do Pleno na Xunta de Goberno entre outras.

Segundo nos conta o voceiro do BNG laxense, Xosé Manuel Pose, "sespois dun intenso intercambio de opinións entre ambolos dous grupos o Psdg-Psoe comprometeuse a estudar e debater as propostas do BNG no seo do seu grupo local e, no seu caso e de así decidilo, a trasladar na vindeira semana unha contestación ao BNG".

Posicionamento do BNG de Laxe de cara ao pleno de Organización

O BNG de Laxe aprobará 2 dedicacións do grupo de goberno do PSG-PSOE sempre e cando:

  • O grupo de goberno presente ao BNG de Laxe un documento no que se especificaren as cantidades dos salarios, tanto líquidas como brutas, coas que serán retribuídas tales dedicacións.
  • O grupo de goberno pacte co BNG de Laxe os orzamentos, o POS, o POL ou calquera outro convenio de obras que houber, informándoo coa antelación precisa.
  • Se aceptaren por parte do grupo de goberno as seguintes indicacións de cara ao Pleno de organización, en prol da transparencia:
    1. Día e periodicidade das sesións plenarias: os sábados, ás 12:00h, unha vez ao mes, agás o mes de agosto.
    2. Contestarase as preguntas realizadas polos grupos políticos no seguinte pleno ordinario, limitando o número de preguntas por pleno.
    3. Creación da Xunta de portavoces, na que estarán representados todos os grupos políticos con representación no pleno. Reunirase na semana do pleno ou cando o estime oportuno algún dos portavoces.
    4. Comisión especial de contas. A representación nela será proporcional ao nº de concelleiras/os de cada grupo (3 PSG-PSOE, 2 PP, 1 IXL e 1 BNG). Reunirase unha vez ao mes.
    5. Mesa de contratación con representación de todos os grupos políticos.
    6. Garantir as atribucións que lle corresponden por Lei ao Pleno e non delegar ningunha delas na Xunta de Goberno.
    7. Acordar as retribucións complementarias dos funcionarios para esta Lexislatura.
    8. Poder achegar criterios própios na baremación das seleccións de persoal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios