Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor

O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor
O Grupo de 4 de Primaria do CPI Cabo da Area de Laxe que non ten titor

Hoxe, as familias da ANPA do CPI Cabo da Area de Laxe permítennos publicar esta foto real do grupo de 4º de Primaria, precisamente un dos grupos que aínda non ten titor e ademais necesitaría desdobrase en dous grupos ao ser 27 alumnos, máis dos permitidos, e como se fixera o ano pasado a raíz dun informe do departamento de orientación no que se especificaban as necesidades deste grupo, que conta con alumnado estranxeiro, alumnado con diversidade funcional, alumnado en situación de exclusión social…
Familias que rexeitan as políticas de recortes desta nova LOMCE, que están a mermar a calidade do ensino do centro e seguen a pelexar por un ensino público de calidade.

I é que segue en estado grave a situación do CPI Cabo da Area de Laxe. As súas importantes esixencias caeron, por agora, en saco roto. Onte tiña lugar un Consello Escolar Extraordinario solicitado pola ANPA Cabo da Area, e aprobouse de xeito unánime, un documento que esixe á Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que cubra as prazas de persoal docente e de apoio que, xa iniciado o curso, están por cubrir.

O texto “rexeita os recortes que se están a producir neste centro, xa que as consecuencias, neste caso, recaen sobre o alumnado do mesmo, debido a que se reduce o profesorado, a que se abandona a atención á diversidade, se descoida a atención ás necesidades educativas especiais e ao incremento da ratio do alumnado.
Así mesmo, “esixe que se cubran as seguintes prazas de: Orientador/a; mestre/a titor/a para o curso de 4º de primaria; mestre/a de pedagoxía terapéutica; e un mestre/a de audición e linguaxe, pois no centro hai alumnado que presenta necesidades educativas especiais debido a unha discapacidade severa que, tras os informes emitidos polo Equipo Específico de Orientación".

Apoios do Pleno e da Fedanpa

Anteriormente, o pleno da corporación municipal do Concello de Laxe celebrado o 12 de setembro, xa acordara, tamén de xeito unánime, o apoio ás devanditas demadas, contando ademais co apoio da Federación de Anpas da Costa da Morte.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios