Venres. 29.03.2024
El tiempo

Importantes esixencias para o CPI Cabo da Area de Laxe

Importantes esixencias para o CPI Cabo da Area de Laxe
ANPA do CPI Cabo da Area de Laxe

Continúa a loita contra os recortes no ensino nestas primeiras semanas do primeiro Curso coa LOMCE en marcha. Xa amosaban a súa preocupación hai unhas semanas, e hoxe, a ANPA Cabo da Area do CPI laxense presentará unha solicitude para convocar un Consellor escolar urxente.

Un Consello que debatirá o texto que vén de preparar a ANPA e que rexeita a política de recortes que ven a sufrir este centro e para exixir á Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esixindo ademais que cubra as prazas de persoal docente e de apoio que, xa iniciado o curso, están por cubrir. Así nolo contan a Secretaria da ANPA, Carmen Charlín Suena, e a Presidenta, Diana Toja Lema.

Incide o texto en que "as consecuencias recaen sobre o alumnado, debido a que se reduce o profesorado, a que se abandona a atención á diversidade, se descoida a atención ás necesidades educativas especiais e ao incremento da ratio do alumnado”.

E son varias as prazas que consideran necesirias polo que esixen que se cubran as prazas de Orientador/a a a tempo completo, “xa que é unha peza clave para detectar a tempo calquera problemática educativa ou persoal do alumnado, pero non só iso, tamén leva a cabo tarefas de asesoramento ao profesorado, ás familias e a totalidade do alumnado”.
Esixen tamén unha praza de Mestre/a titor/a para o curso de 4º de educación primaria, xa que este curso froi desdobrado polas especiales necesidades que presenta (alumnado estranxeiro, alumnado con diversidade funcional, alumnado en situación de exclusión social, etc.), que xunto coa elevada ratio (27 nenos e nenas), fai que acadar os obxectivos pedagóxicos estipulados pola lexislación educativa "vixente" sexa imposible.
Necesita tamén o centro un mestre ou mestra de pedagoxía terapéutica, e un mestre ou mestra de audición e linguaxe, debido a unha discapacidade severa, xa despois de dous anos de espera.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios