O mar ponse de loito contra o novo Plan de Xestión do Polbo
O sector do mar de toda a Costa da Morte está moi preocupado ante o novo Plan de Xestión do Polbo, aprobado sen consenso. Así amencía, por exemplo, o porto de Laxe esta semana, cunha cruz en sinal de loito polo "facelecemento" do cefalópodo, mentres que en Corcubión a proposta bérrase a modo de pancarta.
I é que as novas medidas adoptadas pola Xunta e relativas á cantidade de nasas por tripulante e embarcación, ademais do etiquetado de cada unha das nasas, fan que dita actividade non sexa para nada rendible.
Quique, experto marinero na captura do preciado pulpo desde fai xa moitos anos, maniféstanos que o plan que aprobou a Xunta é o de Pontevedra, e que este vaise a adxudicar a toda a Costa de Galicia cando as zonas afectadas son totalmente distintas unhas das outras, polo que se sente discriminados.
Quéixanse ademais da actitude da Consellería cara aos marineros pois din que o plan aprobado polas asociacións da Coruña non tivo en conta as tres reunións mantidas co sector. De momento a "protesta" é algo simbólico, pero non se descartan medidas de presión como poidan ser un paro no sector.
Duras críticas da Asoar-Armega
Alza a voz tamén a entidade que mellor representa ao sector da pesca artesanal non só da Costa da Morte, senon de toda Galicia. Unha Asoar-Armega que a pasada semana acodía ao Parlamento Europeo para defender precisamente ao sector artesanal, e que lamentou que a Xunta, que debería estar coa pesca maioritaria de Galicia, estivera sempre de parte do sector industrial.
Duras son as críticas da Asoar ao novo Plan de Xestión do Polbo. "En primeiro lugar temos que manifestar o noso desacordo en que se siga a manter a vella e desfasada liña de tentar responsabilizar ao sector de todos os problemas da pesquería do polbo. E, en consecuencia, plantexar somentes medidas encamiñadas ao control, disminución de capturas (incluso doutros recursos, establecendo porcentaxes de capturas accesorias) e o deterioro das condicións de traballo e calidade de vida dos mariñeiros, sen importar en absoluto outras posibles causas da actual situación da pesquería do polbo e sen ter en conta a grave crise que está a padecer o sector e a súas familias, e os problemas de seguridade que estas propostas conlevan", sinalan.
"Unha vez máis a Consellería abdica da súa responsabilidade e culpabiliza e castiga ao sector, e se despois a pesqueria do polbo segue mal e empeora a vida das nosas familias, pois nada, a apretar máis aos pescadores e lavarse as mans... Ata cando imos seguir con esta falla de responsabilidade e de xestionar dun xeito racional os nosos recursos pesqueiros?", pregúntase.
E teñen claro o camiño: "Porque o que fai falla é unha Xestión Moderna, Racional e Eficaz e non descargar a propia responsabilidade sobre os mariñeiros e armadores da pesca artesanal. Porque, para empezar e como exemplo do que estamos a tratar: Canto stock produtivo de polbo comercial temos dispoñible para este ano, e como está distribuido nas diversas áreas de pesca? Este é un dato básico e clave para facer calquer explotación racional en pleno seculo XXI. Pero non, a pesares das mostraxes, ano tras ano, dos biólogos da Consellería continuamos a cegas, como si estiveramos na prehistoria da ciencia mariña".
"O mesmo poderíamos decir das estatísticas de desembarcos de 2010, 2011 e 2012 que manexa a Consellería e que non están rexistradas en pescadegalicia.com. Si existe unha estatística específica de artes menores non sería bo que se fixera pública é a coñecera o propio sector?", piden.
Polo tanto solicitan que "se plantexe unha Mesa sectorial de Traballo para elaborar un Plan de Explotación do Polbo Científico, Completo, Moderno e Racional, que se deixe de perxudicar ao sector e que se conte cos profesionais do mar".
Novas relacionadas
- Greenpeace une á flota costeira en Muros para presionar a Cañete.
- Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace.
- Un berro pola pesca artesanal.
- Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Asoar une a pesca artesanal para ter voz en Europa.
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A Asoar-Armega agradece a labor da GP e outras entidades en favor da pesca artesanal.
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- José Manuel Ojén.
- Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.