xoves. 08.05.2025
El tiempo

O PP de Laxe critica a alta débeda municipal

O PP de Laxe critica a alta débeda municipal
Ambrosio Orons-PP Laxe

Xa nos contou Domingo Guerra o que implicaba a débeda municipal. Pois hoxe, o PP laxense volve á vida pública manifestando a súa acusación ao grupo de gopberno do PSdG, de “xerar e manter unha débeda bancaria moi elevada durante os seus 12 anos de mandato e de presentar uns orzamentos irreais”.

O portavoz popular, Ambrosio Oróns, denuncia que “unha parte importante dos impostos que pagan os veciños de Laxe van destinados a amortizar os préstamos que o Concello mantén coas entidades bancarias en lugar da investimentos no municipio”.

E de paso o voceiro do PP laxense bota un cabo aos seus compañeiros de partido da Deputación e Xunta, sinalando que “a institución provincial investiu en Laxe máis de 830.000 euros durante os últimos tres anos; e que o goberno autonómico destinou importantes investimentos por máis de 200.000 euros”.
Sen embargo, tamén “culpa ao goberno local de pretender vivir das subvencións”. Pero iso si, apuntou que “temos tamén o compromiso por parte da Xunta para solucionar o problema do porto”, un dos asuntos máis importantes que fai falta solucionar na vila laxense e da que ninguén se fai cargo.

Novas relacionadas

Comentarios